Sociedade Kaiser Wilhelm

A Sociedade Kaiser Wilhelm (en alemán Kaiser-Wilhelm-Gesellschaft zur Förderung der Wissenschaften e.V. - KWG) foi o nome dunha sociedade que representaba un conxunto de institucións científicas de Alemaña que operaron como un bloque monolítico desde 1911 até 1945, ao final da segunda guerra mundial a mantedora dos Institutos Kaiser Wilhelm (en alemán Kaiser-Wilhelm-Institute - KWI), institucións de investigación consolidadas dedicadas á investigación básica na Alemaña. A KWG estaba localizada en Berlín. Despois da segunda guerra mundial os seus Institutos foron paulatinamente incorporados é recentemente fundada Sociedade Max Planck. O desmembramento da KWG comezou en xullo de 1946 por resolución da Oficina do Goberno Militar dos Estados Unidos (OMGUS); e no seu lugar fundouse a citada sociedade equivalente, a hoxe recoñecida Sociedade Max Planck (en alemán Max Planck Gesellschaft) entre 1946 e 1948 coa súa rede de Institutos (MPI). O seu primeiro director-fundador foi Adolf von Harnack. Esta sociedade produciría eminencias científicas e gañadores de Premios Nobel tales como Albert Eintein, Max Planck ou Otto Hahn (quen foi o seu último director) e outros, ademais de xerar varios descubrimentos científicos que marcaron saltos cuantitativos no coñecemento da humanidade. Por outra parte, a KWG foi coñecida por ser un dos institutos pioneiros nos estudos euxenésicos na Alemaña de Weimar con fondos doados pola Fundación Rockefeller. Tivo entre os seus membros a un dos principais euxenistas alemáns, o antropólogo Eugen Fischer.


Developed by StudentB